Candidatos

pablo-iglesias

Pablo Iglesias

Nacín en Soria hai 37 anos, pero vivo en Madrid desde neno. Licencieime en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. En 2008 doutoreime cunha tese sobre a acción colectiva posnacional. Fun profesor titular interino de Ciencias Políticas na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid desde 2008 ata...

carolina-bescansa

Carolina Bescansa

Son doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, sobresaliente cum laude por unanimidade; diplomada de Especialista en Dereito Constitucional e Ciencia Política do Centro de Estudos Políticos e Constitucionais, primeiro premio á mellor memoria de investigación; e especialista en Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais. Cursei estudos na Universidade de Granada,...

inigo-errejon

Íñigo Errejón

Nacín en Madrid hai pouco máis de 30 anos. Desde moi cedo, na miña casa e grazas aos meus pais, respirei e aprendín a paixón pola política, por cambiar as cousas. Máis tarde, xa na Universidade Complutense, estudei Ciencias Políticas e participei da súa rica e variada vida política e intelectual. Realicei a miña tese...

irene-montero2

Irene Montero

Nacín en Madrid hai 27 anos. Vivín en La Elipa, logo en Cidade Lineal e agora no barrio no que estudei, Moratalaz. No Colexio Século XXI transmitíronme a paixón por aprender. Madrid é a cidade na que crecín e Vallecas o barrio no que vivín o mellor da miña adolescencia. Vivín tamén en Chile, onde...

rafael-mayoral

Rafael Mayoral

Nacín en Madrid en 1974. Son avogado e activista en movementos sociais. Participei en diversas iniciativas relacionadas coa defensa dos dereitos humanos. Nos últimos anos, dediqueime especialmente a traballar polo dereito á vivenda, contra os desafiuzamentos e as débedas perpetuas.

tania-sanchez

Tania Sánchez

Nacín en Madrid en 1979. Diplomeime en Educación Social e, ao rematar a carreira, traballei no ámbito da rehabilitación de persoas drogodependentes. Son licenciada en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED. En 2007 fun elixida concelleira polo concello de Rivas Vaciamadrid, onde ocupei as concellerías de Cultura, Festas e Cooperación ao Desenvolvemento. En 2011 fun...

pablo-bustinduy

Pablo Bustinduy

Vaig néixer a Madrid el 1983, on vaig estudiar Ciències Polítiques i Humanitats. Vaig completar la meva formació a l’Institut d’Estudis Polítics de París i a la New School for Social Research de Nova York. He treballat com a professor de Filosofia a diverses universitats nord-americanes i com a assagista, traductor i editor d’obres relacionades...

julio-rodriguez

Julio Rodríguez

Nacín en Ourense hai 67 anos. Son fillo de militar, vivín en León, San Javier (Murcia), Valencia, Morón de la Frontera, Badaxoz, Valladolid e en Zaragoza, onde realicei os meus primeiros estudos de primaria e bacharelato, e, máis tarde, parte da miña carreira profesional. Tras ingresar na Academia Xeral do Aire, prestei máis de cincuenta...

rosamaria-artal

Rosa María Artal

Nacín en Zaragoza en 1949. Son xornalista e escritora. Licencieime en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, cursei tamén estudos de Socioloxía e Ciencias Políticas. Desenvolvín unha ampla carreira en televisión, radio e prensa. En RTVE, como presentadora de informativos e unha das reporteiras clásicas de Informe Semanal. Para este programa cubrín importantes...

Juan_Pedro_Yllanes2

Juan Pedro Yllanes Suárez

Licencieime en Dereito pola Universidade de Sevilla, a miña terra natal. Son xuíz por oposición e desde febreiro de 1991 son maxistrado. Son especialista en técnicas de interrogatorio penal, desenvolvín un amplo labor como docente e fun relator en varias xornadas sobre a información de tribunais e medios de comunicación. Centreime sobre todo en analizar...

xavier-domenech-sampere

Xavier Domènech Sampere

Son activista e profesor da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Conto co premio extraordinario de doutoramento da UAB e co Ciutat de Barcelona en Historia do 2006. Como investigador, traballei sobre a relación entre movementos sociais e cambios políticos en Cataluña e España; e sobre a historia dos movementos sociais e políticos ao longo do...

noelia-vera

Noelia Vera

Nacín en Cádiz hai 30 anos e crecín nunha granxa en El Puerto de Santa María. Son licenciada en Periodismo e Mester en Periodismo de Axencia. Dediqueime á información política e de dereitos humanos, pasei polo Diario de Cádiz, polos informativos de CNN+ ou os de Telemadrid. Fixen prácticas como correspondente na Axencia EFE de...

nagua-alba

Nagua Alba

Teño 25 anos e son licenciada en Psicoloxía pola Universidade do País Vasco, cun Mestrado en Psicoloxía da Educación. Sempre traballei con colectivos en risco de exclusión e moi especialmente con nenos. Traballei en intervención familiar e en formación audiovisual crítica para nenos, adolescentes e persoas con discapacidade. Formo parte de Podemos desde o primeiro...

juan-antonio-delgado

Juan Antonio Delgado Ramos

Nacín en San Fernando, Cádiz, en 1971. Crecín en La Ardila, un barrio de xente traballadora e humilde. Son o menor de sete irmáns, fillos dun albanel e unha ama de casa. Son garda civil desde 1992. Os últimos dezaoito anos estiven implicado no sindicalismo desde a Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC). Na AUGC...

ana-terron

Ana Belén Terrón Berbel

Nacín en Granada, en 1983. Son traballadora social e tamén fun dinamizadora xuvenil na Concejalía de Juventud de Granada. Desde moi nova vinculeime ao movemento estudantil, asociativo e social da miña cidade. Nese mundo atopei a vocación que definiría a miña vida. A miña profesión levoume a coñecer a fondo a realidade social deste país...

isabel-franco

Isabel Franco Carmona

Teño 30 anos, son licenciada en Ciencias do Traballo, Mestrado en Estudos Avanzados en Traballo e Emprego e experta en Avaliación de Políticas Públicas. Exercín como asesora laboral e docente de formación laboral e son congresista en política de emprego. A precariedade a coñezo ben porque a vivín. Sempre estiven vinculada a movementos sociais para...

alberto-montero

Alberto Montero Soler

Nacín en Cornellá en 1970, pero a maior parte da miña vida paseina en Málaga. Doutoreime en Economía pola Universidade de Málaga, onde son profesor de Economía Aplicada. Complementei a miña carreira académica con contratos de consultorio para distintas institucións latinoamericanas.

sergio-pascual-peña

Sergio Pascual Peña

Nacín en 1977 e desde os tres anos son sevillano de adopción. Actualmente son membro do Consello de Coordinación e do Consello Cidadán Estatal. Son enxeñeiro de Telecomunicacións e Antropólogo Social. Teño un diploma en Observación Electoral pola Universidade de Valencia e un diploma en Deseño e Desenvolvemento de Sistemas de Auga Potable pola Unesco....

maria-auxiliadora-honorato

María Auxiliadora Honorato

Nacín en Cádiz, onde vivín ata que vin a Sevilla para estudar Dereito na Universidade de Sevilla. Aquí licencieime e máis tarde presenteime ás oposicións para o Corpo Superior de Administradores da Junta de Andalucía. En 2002 aprobeinas e incorporeime ao traballo como funcionaria. Porén, as dinámicas dentro das institucións non eran como as imaxinara...

jorge-luis-ok1

Jorge Luis Bail

Son de Huesca e teño 31 anos. Estudei Enxeñería Química, traballei fundamentalmente no ámbito das enerxías renovables e me dediquei na universidade á recuperación de materias primas no marco da ecoloxía industrial. Sempre busquei a coherencia entre o meu traballo e os meus valores e ideas. Por iso participei en plataformas, colectivos, ONG, movementos e...

pedro-arrojo

Pedro Arrojo Agudo

Son doutor en Ciencias Físicas e profesor emérito de Análise Económica da Universidade de Zaragoza. A miña investigación, centrada na economía e xestión da auga, desenvólvese en setenta libros e máis de cen artigos científicos. Durante doce anos fun membro do comité científico do Programa MAB da Unesco. Fun Presidente da Fundación Nueva Cultura del...

sofia-castanon

Sofía Castañón

Teño 32 anos, nacín en Xixón e crieime cun pé en Mieres. Dende hai nove anos levo unha produtora audiovisual e antes traballei como presentadora, produtora de TV e xornalista cultural. Teño publicado varios libros de poemas en castelán e máis en asturiano. Algúns deses libros recibiron premios (Asturias Joven 2006, Pablo García Baena 2007,...

segundo-gonzalez

Segundo González

Nacín en Pola de Allande, Asturies, en 1988. Licencieime en Economía e en Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid. Teño un mestrado en Administración de Entidades da Economía Social pola Universidade de Valencia e actualmente estou a finalizar o grao en Socioloxía na UNED. Desenvolvín a miña actividade profesional na comunicación corporativa e no...

rosa-ana-alonso-clusa

Rosa Ana Alonso Clusa

Nacín en Santander en 1970. Son mestra de Educación Infantil e graduada en Educación Primaria. Traballei con nenos e nenas con trastornos do espectro autista e disfasia, tamén asesorando a familias e profesionais dos centros educativos a través de asociacións de apoio a persoas con trastornos xeneralizados do desenvolvemento. Antes de ser deputada daba clases...

miguel-vila

Miguel Vila Gómez

Teño 31 anos, son Técnico Superior en Imaxe e cursei dous anos de Dereito e Ciencias Políticas, ata que o meu traballo me impediu continuar os estudos. Traballei como autónomo e como empregado en diversas empresas de servizos audiovisuais. No meu último traballo fun elixido delegado sindical e presidente do comité de empresa. Fun activista...

ana-marcello

Ana Marcello

Nacín en León hai 31 anos. Estudei Traballo Social e durante máis de seis anos exercín como traballadora social no ámbito da atención á dependencia. Así mesmo, formei parte dun proxecto cooperativista de economía social solidaria e participei activamente na loita sindical nas diferentes empresas nas que traballei. Desde hai anos manteño un compromiso social...

jorge-lago

Jorge Lago

Sociólogo, editor, profesor. Fun investigador na UCM, investigador asociado no LEST-CNRS e investigador convidado na Universidade Libre de Bruxelas. Teño publicado textos sobre socioloxía do traballo, a cultura e o cambio social. Fun profesor de mestrados públicos e privados, e editor de ensaio. Formo parte de Podemos desde o seu nacemento, e fun parte da...

daniel-lopez-vela1

Daniel López Vela

As miñas raíces están no ámbito rural segoviano. Desde a adolescencia sentín interese pola política e adoptei uns valores baseados na democracia, na xustiza, na liberdade e na igualdade. Son licenciado en Historia pola Universidade de Salamanca, onde tamén realicei un mestrado en Tecnoloxía Educativa. Afortunadamente, desde o ano 2006 dedico o meu labor profesional...

carmelo-romero

Carmelo Romero

Nacín en Pozalmuro, Soria, en 1950. Son doutor en Historia e profesor titular de Historia Contemporánea na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza. Realicei e dirixín numerosas investigacións centradas nas problemáticas políticas e socioeconómicas da España interior nos séculos XIX e XX. Como novelista, publiquei Calladas rebeldías e El diputado Pardo Bigot:...

juanmadelolmo1

Juanma del Olmo

Traballei como consultor de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e participei no desenvolvemento de proxectos de economía social e cooperativismo. Tracei os meus afectos e as miñas relacións profesionais no campo do emprendemento social, polo que fixen da economía social unha forma de vida. Por esta razón, participei en movementos sociais en defensa...

braulio-llamero-crespo

Braulio Llamero Crespo

Nacín en Manzanal del Barco, Zamora, en 1956. Son escritor e xornalista. Licencieime en Ciencias da Información, na especialidade de xornalismo, pola Universidade Complutense de Madrid. Traballei na Cadena SER de Zamora e máis en RNE de Salamanca e Zamora. Participei na fundación do diario La Opinión de Zamora, primeiro como redactor xefe e despois...

maria-angeles-garcia-jimenez

María Ángeles García Jiménez

Teño 59 anos. Son médica especialista en neurofisioloxía clínica e diplomada superior en Investigación Clínica. Desenvolvo a miña actividade profesional como facultativa especialista no Hospital Virgen de la Luz de Cuenca dende hai vinte e nove anos. Sempre mantiven o meu compromiso en defensa da sanidade pública: son membro da Plataforma Sanidad Pública de Cuenca...

ariel-jerez

Ariel Jerez

Son profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid, investigador en áreas de participación, movementos sociais, comunicación política e políticas de memoria. Para desenvolver a extensión universitaria e conectar a axenda académica cos problemas da cidadanía madrileña, durante a última década traballei co movemento estudiantil altermundista, radios libres do Foro Social Mundial e o...

gloria-elizo

Gloria Elizo

Son avogada, conto con máis de 25 anos de experiencia na loita pola xustiza, tanto nas asociacións e nos colexios profesionais como na quenda de oficio e a práctica nos xulgados. Creo que a xustiza debe ser loita política, servizo público, dereito e dignidade.

mohamed-faitah

Mohamed Faitah Mrabet

Teño 34 anos, curso o grao de Educación Social e traballo de camareiro. A miña inquietude política vai íntima e irremediablemente ligada ao activismo. Desde Pedagogía Ciudadana, asociación que presido en Ceuta, traballo día a día para mellorar a realidade social da miña cidade. Creo que chegou o momento de que aqueles que levamos anos...

amparo-botejara

Amparo Botejara Sanz

Nacín en Badaxoz, en 1957. Son médica de familia no Centro de Atención Primaria San Roque, en Badaxoz. Tamén son profesora asociada na Facultade de Medicina da Universidade de Estremadura e membro da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública. Durante dez anos presidín a Sociedade Científica de Medicina de Familia. Presento a miña candidatura...

pablo-rodriguez

Pablo Rodríguez

Nacín en Cáceres, en 1983. Son diplomado en Terapia Ocupacional e Axente de Igualdade. Dediquei os últimos sete anos da miña vida profesional á inclusión das persoas con diversidade funcional. Presento a miña candidatura co firme compromiso de levar ao Congreso as necesidades da cidadanía estremeña, prestando especial atención ás persoas con diversidade funcional e...

anton-gomez-reino-valera

Antón Gómez-Reino Varela

Nacín hai trinta e cinco anos. Vivo na Cidade Vella da Coruña aínda que, ao construír unha familia mestiza (en parte galega, en parte belga, en parte italiana) os últimos anos paseinos entre Galicia e Italia. O meu perfil profesional é, como é frecuente na miña xeración, heteroxéneo: estou vinculado ao mundo agrario, concretamente ao...

angela-rodriguez-martinez

Ángela Rodríguez Martínez

Nacín en Pontevedra, hai 26 anos. Son licenciada en Filosofía pola Universidade de Compostela. Como esa xeración emigrada para a que tentamos facer un país ao que volver, fun camareira, niñeira, profesora e investigadora na universidade. Desde que me graduei, me interesei por aqueles puntos que unen política, arte e filosofía. Vivo laboral, metafórica e...

mae-de-la-concha

Mae de la Concha

Teño 61 anos, son autónoma, nai de tres fillas e libreira na Citadella de Menorca, onde vivo desde trinta e cinco anos. Empecei a traballar aos 16 anos e miña formación é basicamente autodidacta. Vivín en Francia e tamén en Inglaterra. Obtiven o título superior dea EOI na convocatoria libre, tanto de inglés coma de...

maria-pita

Meri Pita

Nacín nas Palmas de Gran Canaria. Son a segunda de catro irmáns e a única rapaza. Cursei os meus estudos nun colexio e nun instituto público s e na Escola de Maxisterio. A finais dos anos setenta entrei a militar nas xuventudes de células comunistas e desenvolvín a miña formación política a carón de figuras...

alberto-rodriguez

Alberto Rodríguez

Nacín en Ofra, barrio obreiro de Santa Cruz de Tenerife, onde vivín a maior parte dos meus 33 anos. Son fillo de mestra e electricista, estudei sempre na escola pública e son técnico superior en Química Ambiental. Traballo coma operador da refinería de petróleo e nestes últimos nove anos participei activamente na loita sindical na...

sara-carreno-valero

Sara Carreño Valero

Teño 30 anos, son licenciada en Administración e Dirección de Empresas e actualmente estou finalizando os meus estudos de Dereito na UNED. Cheguei A Rioxa tras ter vivido varios anos n o estranxeiro, en disitintos países da Unión Europea. Como para moita xente nova profesional da miña xeneración, a crise e a precaridade levaronme a...

ione-belarra

Ione Belarra

Teño 28 anos e son de Pamplona. Estudei Psicoloxía e despois me especialicei en Educación. Actualmente traballo coma investigadora en formación cunha tese doutoral sobre experiencias migratorias, xénero e movementos sociais. Participei en distintas organizacións e movementos sociais, e involucreime especialmente polos dereitos das persoas emigrantes. Decidín sumarme a Podemos porque creo que é o...

juan-lopez-de-uralde

Juantxo López de Uralde

Dediquei máis de trinta anos ao activismo ecoloxista na busca dunha sociedade máis xusta, limpa e en equilibrio coa terra. A defensa destas ideas levoume o cárcere en 2009, durante o Cume do Clima de Copenhague, por interromper unha festa e pedirlles aos líderes mundiais compromisos co planeta. Ingresei en Greenpeace en 1991, ata 2001...

lucia-martin-1

Lucía Martín González

Nacín en Lugo en 1979, son enxeñeira química e teño estudos de doutoramento en Ciencias Ambientais. O meu primeiro contacto cos movementos sociais foi no Ateneu Candea de Terrassa, onde participei en diferentes actividades e seminarios de formación. Máis adiante participei con entusiasmo nas manifestacións de V de Vivenda de Barcelona e no 2009, formei...

josep-vendrell

Josep Vendrell Gardeñes

Nacín en Camarasa (Lleida), en 1968. Son licenciado en Historia. Afilieime ao PSUC en 1986. Entre 1989 e 1990, asumín diferentes tarefas na Unión Responsable de Servicios de la Unión Intercomarcal de las Tierras de Lleida de CC.OO. e na Juventud Comunista de Catalunya. Entre 1991 e 1996, fun coordinador nacional de Jóves amb Iniciativa....

raimundo-viejo-viñas

Raimundo Viejo Viñas

Teño 46 anos, son licenciado en Xeografía e Historia con grado na especialidade de Historia contemporánea e Doutor en Ciencia Política e da Administración (premio extraordinario 2002) cunha tese sobre a Unificación de Alemaña. Fun profesor nas universidades de Girona, New Haven, Chicago e na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, Lausana e Santiago de Compostela....

mar-garcia-puig1

María del Mar García Puig

Nacín en Barcelona en 1977. Son licenciada en Filoloxía Inglesa e Mestrado en Lingüística. Cursei estudos de posgrao en literatura e edición na Universidade de Dublín e na Universidade de Stanford. Son editora literaria desde hai máis de dez anos. Incorporeime a Podemos nos seus inicios, en concreto ao Círculo de Feminismos. Tamén formo parte...

felix-alonso-cantorne

Félix Alonso Cantorné

Nacín o 8 de agosto de 1959 en Barcelona. Son licenciado en Xeografía e Historia e aos 17 anos empecei a traballar de periodista no vespertino Catalunya Express. Desde entón, sempre estiven ligado ao mundo da prensa, así como ao activismo social desde o movemento veciñal e as institucións. Son membro fundador do Sindicato de...

jaume-moya-i-matas

Jaume Moya i Matas

Nacín en Barcelona en 1972 e desde hai dez anos vivo en Florejacs, comarca da Segarra. Licencieime en Dereito, teño un posgrao en Xestión Inmobiliario e son procurador dos tribunais desde 1996. En Cervera, son impulsor do colectivo de profesionais Conscients. Fun membro da Comisión de Política Lingüística do Colexio de Procuradores de Barcelona e...

rita-bosaho

Rita Bosaho

Teño 50 anos e son licenciada en Historia pola Universidade de Alicante e máster en Identidades e Intefración na Europa Contemporánea, Na actualidade estou elaborando unha tese doutoral sobre o impacto da colonización europea en África. Desenvolvín a miña labor profesional no campo dos dereitos humanos e na defensa dos dereitos das mulleres, con especial...

angela-ballester

Ángela Ballester

Nacín en Bellreguard (Valencia) o 15 de xuño de 1980. Son secretaría de Coordinación Executiva estatal de Podemos. Licencieime en Historia pola Universidade de Valencia e gradueime en Relacións Internacionais e Interculturais pola Universidade Autónoma de Barcelona. Asimesmo, realicei un posgrao de Cooperación Internacional e un máster en Asuntos Electorais na Universidade de Valencia. Durante...

eduardo-maura

Eduardo Maura

Teño 34 anos, son licenciado en Socioloxía e doutor en Filosofía. Durante anos dei clases e investiguei no ámbito da Teoría Crítica, Estética e Filosofía Política na Universidade Complutense de Madrid e noutros centros (School of Visual Arts, Nova Iorq). Son o responsable de Cultura estatal de Podemos, membro do Consello de Redacción da revista...

javier-sanchez

Javier Sánchez Serna

Son licenciado en Filosofía e máster en Socioloxía Aplicada. Durante os anos da crise, como tanta outra xente nova, dediquieme a preparar oposicións de profesor de secundaria, mentres era profesor interino en Madrid e Castela-A Mancha. O meu interese pola teoría social e política levoume a participar en diversas publicacións e foros de debate. Ademais,...

marta-sibina-camps

Marta Sibina Camps

Nacín en Breda (Girona) o 15M de 1973. Actualmente traballo como enfermeira e son diplomada con posgrao de especialidade en cirúrxica. Son fundadora da revista Cafèambllet, unha publicación local que destapou varios casos de corrupción na sanidade catalá e que acabou sendo unha revista gratuíta distribuída por toda Cataluña. Tamén son coautora do libro Artur...

jose-carlos

José Carlos Martínez Porra

Nacín en Melilla hai 50 anos, teño dúas fillas, un fillo e dous netos. Tras traballar en diferentes sectores, decidín facerme autónomo, hai xa ventioito anos, e levo un estanco en Melilla. Fun unha das persoas que participaron nas asembleas que tiveron lugar no Parque Hernánmdez en 2013/2014. Sempre implicado nos problemas da cidade de...

Carlos-Martin-San-Roman

Carlos Martín San Román

Nacín o 20 de setembro de 1957 en Ávila. Estou casado e teño dous fillos e tres netos. Cursei estudos de Psicoloxía na Universidade de Salamanca e na UNED. Son xestor de intalacións xuvenis e traballo coma gobernante na residencia xuvenil Arturo Duperier da Xunta de Castela e León, en Ávila. Participei na loita contra...

teresa-arevalo

Teresa Arévalo Caraballo

Nacín en Cidade Real hai 34 anos. Crecín na vila de Miguelturra e despois de aprobar a proba de acceso á universidade trasladeime a Madrid para realizar os meus estudos. A situación precaria, que nos afecta a tantos neste país, obrigoume a volver a vila. Desde a miña adolescencia participei de maneira puntual en movilizacións...

rosana-pastor

Rosana Pastor Muñoz

Nacín en Alboraia, no corazón da horta valencian, en 1960. Desde a adolescencia, gustaronme o teatro e a política: poñerme na pel doutros. Licencieime na Escuela de Arte Dramático de Valencia (ESAD) e entendín que esa era a miña forma de incidir no mundo. Traballei en teatro, en cine e en televisión. O cine abriume...

juana-caro

Juana Caro Marín

Nacín en 1971, son valdepereña e nai de dúas fillas. Diplomeime en Graduado Social, licencieime en Filosofía e Letras, na súa especialidade de Pedagoxía, pola Universidade de Granada, e obtiven o Diploma Superior en Mediación Social Intercultural na Universidade Complutense de Madrid. Desenvolvín a miña actividade docente desde o ano 2003 en diferentes centros. Na...

manolo-monereo(1)

Manuel Monereo

Nacín en Jaén en 1950. Licencieime en Dereito na Universidade de Granada e son Diplomado (DEI) en Ciencias Políticas pola UNED. Exercín de avogado laboralista. Son comunista desde a mocidade, dirixente universitario; fun varias veces detido e encarcelado durante o franquismo. Desde os anos 80, formei parte da dirección deo PCE e fun coordinador de...

rocio-blanco

Rocío Blanco

Nacín o 20 de outubro de 1966 en Villambroz (Palencia). Son licenciada en Dereito e traballo coma avogada laborista no sindicato Comisións Obreiras. Fun a segunda presidenta do Consello Provincial da Mocidade de Palencia (e a primeria muller en ocupar ese posto), no que participei practicamente desde a súa constitución procedente do asociacionismo xuvenil, en...

daniel-palomo-espallargas

Daniel Palomo

Son alcorisano e teño 30 anos. Desde 2008 traballo coma Bombeiro Forestal na BRIF de Daroca. Compaxino a meu traballo cos estudos de Enxenería Técnica Forestal na Universidade de Lleida, que terminei hai dous anos. Estou afiliado á CGT, implicado activamente na loita dos Bombeiros Forestaids e o recoñecemento dos dereitos do noso colectivo: #BRIFen...

sonia-farre

Sònia Farré

Nacín en Hospitalet de Llobregat en 1976. Son profesora de catalán en secundaria e fun monitora de ocio voluntaria durante 13 anos. Inicieime no activismo a raíz do 15M en Sant Joan Despí. Pouco despois pasei a formar parte da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda para desmontar o discurso dos recortes, depurar responsabilidades, traballar pola...

Miguel-Anxo-Fernan-Vello

Miguel Anxo Fernán Vello

Nacín en Cospeito, Lugo, en 1958. Son Poeta, dramaturgo e editor. Estudei Psicoloxía e Filosofía na Universidade de Santiago, e Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Fun Secretario Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e Presidente da Asociación de Editores de Galicia (AGE). Como poeta, obtiven en dúas...

David-Bruzos

David Bruzos

Son ourensano e teño 36 anos. Vivin no barrio das Lagoas a maior parte da miña vida. Son pai de dúas fermosuras de dous anos e dun mes. Aos dezaoito anos fun a Compostela para estudar a licdenciatura en Química e anos máis tarde posgradueime en Física Aplicada. Hai 12 anos que son profesor de...