Programa PODEMOS

Reforma universitaria participativa

Abriremos á participación as institucións universitarias como paso previo a toda esta reforma:

Fomentaremos esa cooperación dentro do sistema coa posta en marcha dun proceso participativo de reforma da universidade, que asocie a consecución de financiamento extra coa culminación duns obxectivos acordados mutuamente.

Na práctica, ademais do financiamento xeral derivado das transferencias ás comunidades autónomas, o Estado achegará un financiamento complementario para apoiar a aquelas universidades que aposten por aumentar o impacto social das súas investigacións ou implanten medidas para mellorar as condicións de conciliación familiar, a igualdade de xénero, a transparencia e a democratización institucional.

A estratexia para cada centro será revisada anualmente en función dos obxectivos acordados. Estes obxectivos non teñen necesariamente que implementarse do mesmo xeito, senón que poden variar segundo as necesidades de cada universidade.