Programa PODEMOS

Por unha infancia sen deberes

Despois de seis horas de xornada laboral-escolar, as nosas nenas e os nosos nenos de primaria chegan á casa para continuar esa xornada, que pode chegar incluso ata as oito ou dez horas algúns días. Hai moitas e distintas formas de aprender: xogando, imaxinando, creando, deseñando ou desenvolvendo actividades extraescolares coas que realmente o pasen ben.

Por isto, propomos que na nova Lei de Educación estea contemplado o descanso e divertimento feliz dos nosos nenos e as nosas nenas despois da xornada escolar, e para conseguilo deseñaremos un sistema educativo no que se promovan outro tipo de ensinanzas e aprendizaxes. Deste xeito, realizaranse as tarefas escolares na escola, cun tempo real para que se poidan finalizar, mentres que o traballo que se desenvolva na casa será só o que non dera tempo de acabar no ámbito escolar. Así, os nosos nenos e as nosas nenas poderán gozar de tempo lúdico e dos seus pais.