Programa PODEMOS

A receita deportiva: máis polideportivo e menos ambulatorio

Consideramos que é imprescindible un Plan Integral de Promoción da Saúde para abordar o sedentarismo e a obesidade infantil, sobre todo se queremos que a nosa sociedade avance de xeito saudable, e farémolo dende unha perspectiva familiar e comunitaria, abordando o plan en coordinación cos diferentes ministerios implicados, as comunidades autónomas e os concellos. Tres son os nosos obxectivos principais:

Abordaremos este plan multidisciplinariamente, coa creación de comunidades activas nas que participará a comunidade sanitaria, cultural, de ocio, deportiva, educativa, de emprego e social.

As receitas deportivas concentraranse en estratexias con diferentes programas de actividade física segundo o grupo de risco ao que pertenzan as persoas que queiran participar neles, e axeitaranse ás particularidades locais e á dispoñibilidade de recursos. Algúns exemplos de programas que se poderían poñer en marcha: