Programa PODEMOS

Lei de Regulación das Profesións do Deporte

Para atender unha das principais demandas do sector, traballaremos na profesionalización dos postos e as titulacións deportivas mediante o desenvolvemento dunha lei estatal que unifique e confira un marco xeral e igualitario a todas as comunidades autónomas, outorgue unha seguridade xurídica aos profesional do deporte, clasifique as categorías profesionais, especifique as funcións e atribucións propias de cada unha e sinale como debe acreditarse tal cualificación para acceder legalmente ao exercicio da profesión e combater así o intrusismo no deporte.