Programa PODEMOS

Lei de Mecenado e Patrocinio Deportivo

Impulsaremos unha reforma da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen ánimo de lucro e dos incentivos fiscais ao mecenado, co fin de equiparar (ao nivel dos países máis avanzados) a desgravación fiscal aos particulares e ás empresas nas doazóns de carácter filantrópico, e incentivar así a posta en marcha de mecanismos de financiamento e colaboración entre o sector privado e o público, en beneficio do interese xeral, que inclúan non só ao terceiro sector, senón tamén ao da educación, a cultura e o deporte.