Programa PODEMOS

Creación dunha Carteira Estatal de Servizos Sociais Garantidos

Garantiremos a través dunha lei estatal que todos os cidadáns e cidadás teñan acceso a un catálogo de servizos sociais mínimo e común, independentemente da comunidade autónoma na que residan.

A carteira Estatal de Servizos Sociais Garantidos, uns servizos sociais que introduciremos na Constitución para garantilos, comportará tamén a posta en marcha de políticas activas de coordinación intersectorial (sanidade, vivenda, emprego, educación e xustiza) que se deseñarán dende o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en colaboración cos responsables autonómicos e municipais implicados.