Programa PODEMOS

Adecuación dos recursos humanos e materiais dos servizos sociais públicos á demanda real existente

Co fin de reducir de xeito paulatino e continuo a externalización dos servizos sociais e de poñer fin á súa privatización encuberta, as administracións públicas darán conta cunha periodicidade anual dos servizos sociais asumidos por entidades privadas. Só cando as administracións públicas non estean en condicións de asumir a prestación de servizos sociais garantindo a súa calidade e accesibilidade, contemplaremos a súa externalización. En tales casos, priorizarase a concertación e o convenio coas entidades da economía colaborativa, social e do ben común.