Programa PODEMOS

Creación do Instituto de Innovación e investigación en Servizos Sociais

Crearemos o Instituto de Innovación e Investigación en Servizos Sociais, que terá como obxectivos a avaliación das políticas públicas nos servizos sociais e a formulación de propostas de innovación e mellora. Traballará de xeito coordinado con todas as consellerías, direccións xerais e concellarías de servizos sociais do país, para formular propostas de mellora e innovación de tipo específico e cooperativo.