Programa PODEMOS

Creación dun fondo estatal para a accesibilidade universal

Crearemos a Lei do Fondo Estatal para a Accesibilidade Universal. Este fondo nutrirase do 1% do que os Orzamentos Xerais do Estado destinen anualmente ás inversións de obras públicas e infraestruturas, novas tecnoloxías e sociedade da información. Con este fondo financiaranse no conxunto do territorio español os programas e as actuacións de accesibilidade universal nos procesos, bens, produtos, servizos, transporte, información e comunicacións, así como nos medios de comunicación social, co obxectivo de que todas as persoas con diversidade funcional, en situación de dependencia ou con limitacións comunicativas ou cognitivas de calquera tipo (persoas maiores, con analfabetismo funcional, estranxeiros, etcétera) poidan ser independentes e participar plenamente en todos os aspectos da vida.