Programa PODEMOS

Atención/Intervención Pronta pública, gratuíta, universal e de calidade

Os trastornos do desenvolvemento ou o risco de padecelos son un problema de saúde. Por tanto, todas as prestacións de Atención/Intervención Pronta (A/IT en español) deben incluírse na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde, co fin de garantir a súa universalidade, gratuidade e calidade.

A Atención/Intervención TPronta (A/IT en prevención 3.a) debe ser prestada directamente polos centros públicos da rede sanitaria ou por entidades sen ánimo de lucro cunha probada experiencia en A/IT, e en ningún caso por empresas privadas.

Por isto, redactaremos e aprobaremos a Lei Nacional de Atención Pronta aos nenos e as nenas que garanta o diálogo; a integración e participación das familias; a interdisciplinariedade e a alta cualificación profesional; a coordinación entre os profesionais implicados nos servizos sanitarios, sociais e educativos (cada un con actividades concretas e complementarias, pero nunca substitutivas); a descentralización, para que sexa próxima e de fácil acceso para as familias, e inclúa a prestación a domicilio e a relación cos servizos sanitarios de atención primaria, as escolas infantís e os colexios; e, por último, a sectorización, de forma que se equilibren o hábitat e a demanda coa operatividade dos Centros de Atención Infantil Pronta.