Programa PODEMOS

Plan de apoio destinado ás nais e aos pais novos

Prestaremos unha atención especial ás nais e aos pais novos para garantir que o coidado dos seus fillos e fillas sexa compatible coa súa carreira profesional e co comezo e continuación dos seus estudos.

Favorecer a flexibilidade horaria tanto laboral como nos centros educativos, así como a prioridade na elección de horarios dos pais e das nais novas.

Habilitar escolas infantís, dependentes da rede pública, nas universidades e centros de formación profesional para as nais e os pais que queiran acceder á formación superior e para aqueles que traballen nestes centros, polo que se potenciará o aproveitamento dos espazos e do persoal existentes.