Programa PODEMOS

Dereito á maternidade libre e decidida

Instauraremos as seguintes medidas para garantir a liberdade de decisión das mulleres para ser ou non ser nais:

Aseguraremos a información e o acceso aos distintos métodos anticonceptivos (hormonais, de barreira, cirúrxicos), incluídos os de última xeración, a todas as mulleres que os soliciten. Todos eles incluiranse na Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, garantirase a dispensa da anticoncepción de urxencia (píldora do día despois) en todos os centros de atención primaria e servizos de urxencia.