Programa PODEMOS

Respecto á determinación sobre o propio embarazo, parto e posparto

Fomentaremos (no sistema sanitario) un trato da maternidade que respecte e acepte as necesidades e decisións das mulleres a través das seguintes medidas:

Potenciar a liberdade de decisión sobre os tratamentos médicos do embarazo e o parto, e reforzar as prácticas que promovan o protagonismo e a capacidade de decisión responsable das mulleres durante o embarazo e o puerperio. Promover tamén a figura das matronas durante a fase de preparación e do parto.

Facilitar e garantir o exercicio da lactancia e outras tarefas de coidados máis aló dos catro meses de permiso. Potenciar a formación do persoal sociosanitario de atención primaria en materia de lactancia.