Programa PODEMOS

Dereito a decidir

Abriremos un amplo debate cidadán sobre o recoñecemento e as formas de exercicio do dereito a decidir no marco de debate acerca do cambio constitucional. Recoñeceremos constitucionalmente a natureza plurinacional de España, como tamén aseguraremos o dereito dos gobernos autonómicos a celebrar consultas á cidadanía sobre o encaixe territorial do país.

É dicir, promoveremos a convocatoria dun referendo con garantía en Cataluña para que os seus cidadáns e cidadás poidan decidir o tipo de relación territorial que desexen establecer co resto de España.

Recuperaremos o respecto como fundamento básico das relacións entre os gobernos e os parlamentos de todos os niveis territoriais do Estado.

Iniciaremos un proceso de cambio constitucional orientando a resolver, entre outros, os problemas de estruturación territorial do Estado e avaliaremos e debateremos sobre as experiencias do Reino Unido e Canadá.