Programa PODEMOS

Paralización da Lei Montoro

Derrogaremos de forma inmediata a Lei Montoro (Lei 27/2013, de sostentabilidade e racionalización da Administración Local), porque pon en perigo as entidades menores e os servizos e bens comunais.

Promoveremos un novo marco legal que harmonice os tres niveis de goberno (municipal, autonómico e estatal) e amplíe e actualice as súas competencias e orzamentos. Fomentaremos un debate urxente que reforce o poder local como o Goberno de proximidade por e para a cidadanía.