Programa PODEMOS

<<Quen contamina paga>>

Derrogaremos de forma inmediata a Lei 11/2014 e o Real Decreto 183/2015 que modifica a Lei 26/2007 de Responsabilidade Medioambiental, cuxos piares reitores son a precaución, a prevención e o principio de "quen contamina paga".

Simplificaremos a tramitación administrativa a través dunha licencia ambiental única que englobe todos os impactos ambientais e, deste xeito, facilite aos operadores a comunicación cun único ente administrativo.

Levaremos a cabo unha recolocación das estacións de control e medición da contaminación industrial a aqueles lugares que garantan a meirande protección da poboación, dentro dos parámetros de control obrigatorios.

Fomentaremos o desenvolvemento de I+D+i nas tecnoloxías de prevención da contaminación e para a descontaminación, en especial do chan, e para a recuperación ambiental en caso de desastre ecolóxico.

Impulsaremos a adaptación aos novos coñecementos, especialmente aqueles que versan sobre os efectos dos contaminantes sobre a saúde das persoas.

Implantaremos un Plan de Formación de Técnicos en Riscos Ambientais para dar soporte á actividade industrial e á administración central como principal ente de control.

Darémoslle prioridade á aplicación do principio “quen contamina paga” ao promover unha responsabilidade ambiental real entre os principais extractores dos recursos naturais, a través dunha garantía financeira de reparación do medio natural, en función dos posibles danos ocasionados.