Programa PODEMOS

Cidades sostibles

Levaremos a cabo unha política activa que transforme os ecosistemas urbanos en lugares máis sostibles e habitables para a cidadanía.

Abandonaremos o o modelo produtivo especulativo baseado na construción desmesurada de vivendas e apostaremos por un modelo sostible orientado á rehabilitación e a eficiencia enerxética dos edificios existentes. Unha medida que, por outra banda, xerará emprego e de maior calidade.

Promoveremos o uso dos instrumentos que a lexislación urbanística pon en mans das administracións públicas para satisfacer a demanda de vivenda accesible, equipamentos e espazos libres, e previrémola especulación para incrementar o patrimonio público ou o chan.

A cidade é un dereito de todos e todas. Por iso, promoveremos a accesibilidade universal e a eliminación de barreiras arquitectónicas e urbanísticas. Asemade, adoptaremos unha perspectiva de xénero e das necesidades da poboación infantil e das persoas maiores no deseño urbano.

Aproveitarémolas oportunidades que nos brindan as novas tecnoloxías para xestionar de forma eficiente os ecosistemas urbanos e apostaremos polo desenvolvemento de cidades e de comunidades intelixentes.

Garantiremos a transparencia dos procedementos de elaboración de enfoques e convenios urbanísticos, coa fin de fomentar ó acceso á cidadanía a toda a información, incluídos os informes técnicos e xurídicos.

Evitarémola urbanización das áreas con valor medioambiental, especialmente o litoral, e das zonas de risco naturais, como as inundables.