Programa PODEMOS

Fomento da economía circular: Obxectivo residuo CERO

Cumpriremos a Directiva Marco de Residuos e revisarémola transposición de dita directiva ao ordenamento español, comezando polos principios de precaución e prevención. Desenvolverémola responsabilidade ampliada do produtor, de forma que a partires de estudos rigorosos e independentes, este asume os custos reais da xestión de residuos a tódolos niveis e o desenvolvemento de medidas para o cumprimento dos obxectivos marcados na Directiva Marco de Residuos.

Desenvolveremos unha economía circular que garanta unha redución do uso dos recursos naturais na nosa economía. Poremos en marcha políticas efectivas de xestión de residuos que tenda a eliminalos, como a loita contra a obsolescencia, a redución da xeración de residuos mediante o ecodeseño, a separación selectiva de materia orgánica para a compostaxe, etcétera.

Redefinirémola función dos Puntos Limpos e dos Puntos Limpos Móbiles para mellorala cantidade e, sobre todo, a calidade dos produtos recollidos, e poremos en marcha sinxelas operacións de preparación para a reciclaxe, co obxectivo de duplicar o reciclado en dez anos.

Fomentarémolo mercado de segunda man e a separación de equipos como mobles e aparellos eléctricos e electrónicos.