Programa PODEMOS

Vicepresidencia de Sostibilidade

Crearemos unha Vicepresidencia de Sostibilidade que vincule as políticas do Goberno relacionadas coa sostibilidade coas políticas de economía e emprego. Desta forma, promoveremos un modelo de desenvolvemento que teña en conta os lindes do noso planeta e asegurarémonos de que sempre se apliquen os criterios de sostibilidade nas diferentes políticas de desenvolvemento económico e social do noso país.