Programa PODEMOS

A Auga: un dereito humano

Aplicaremos diferentes medidas para a detección e erradicación da pobreza hídrica e recoñeceremos a auga como un dereito humano. Ao ser a auga un dereito, garantiremos unha dotación mínima para cada cidadán, de modo que se cubran as súas necesidades básicas.

Revisarémolos proxectos de construción de grandes infraestruturas hidráulicas (presas e transvases) e desenvolveremos uns sistemas alternativos de abastecemento para os momentos de escaseza. Nas concas beneficiarias destes transvases, a xestión da demanda agraria, urbana e industrial, e a optimización dos recursos non convencionais (reutilización de augas residuais e desalazón mariño) constitúen pezas claves nesa transición deica horizontes máis sostibles.

Poremos en marcha un ambicioso programa de inversións públicas coa fin de dotar a tódalas poboacións de sistemas de tratamento de augas residuais, e deste modo cumpriremos as obrigas da Directiva 91/271 de Augas Residuais e evitaremos as sancións da Unión Europea derivadas da neglixencia de funcións dos gobernos anteriores.