Programa PODEMOS

Un medio ambiente seguro como dereito fundamental

Contemplarémolo dereito a un medio ambiente adecuado (actualmente incluído entre os principios da política socioeconómica da Constitución española, concretamente no seu artigo 45) como un dos dereitos fundamentais dos españois (actual capítulo segundo do título primeiro). Asemade, proporemos incorporalo dereito humano á auga como un dereito subxectivo e o dereito de acceso aos recursos enerxéticos como parte dos dereitos de habitabilidade básicos.