Programa PODEMOS

Un mundo rural vivo e sostible

Garantiremos a aplicación da actual Lei de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, do 13 de decembro de 2007, e o Real Decreto 752/2010, para inverter a tendencia ao despoboamento e abandono do medio rural e impulsar o concerto entre as administracións.

Desenvolverémolo Plan Participativo Integral por Comarcas (ata hoxe paralizado polo Goberno) baixo os parámetros de sostentabilidade social e ambiental.

Xeraremos un novo marco institucional que democratice a administración local, recoñeza a súa autonomía e mellore as súas competencias, coa fin de volver equilibrar a precaria lealdade institucional entre os tres niveis de goberno existentes.