Programa PODEMOS

Obxectivo CERO en accidentes de tráfico

Minimizarémolos riscos de accidente na rede viaria adecuando a sinalización e información, as condicións e o estado das vías. En todo caso, analizaremos no seu conxunto os tres factores que inflúen nos accidentes: o perigo da vía, as características do automóbil e o condutor ou condutora, a fin de deseñar actuacións que reduzan os riscos de accidente.

Asemade, eliminaremos de forma progresiva os chamados “puntos negros” ou “tramos negros”, para o cal nun primeiro momento os sinalizaremos e, nun futuro, procederemos á súa eliminación gradual.