Programa PODEMOS

Inembargabilidade da primeira e única vivenda

Promoveremos unha declaración de inembargabilidade e inexecutabilidade da primeira e única vivenda, de ocupación permanente. Todo inmoble destinado a ser vivenda única e de ocupación permanente declárase coma un ben inembargable e inexecutable, salvo en caso de renuncia expresa do titular.

En caso de falecemento do titular do inmoble, a embargabilidade e inexucatibilidade afectará aos familiares con ocupación permanente en dito inmoble e que non teñan alternativa habitacional. Entenderase por familiares aqueles con ascendencia ou descendencia directa do antigo titular falecido.

As garantías de inembargabilidade e inexecutable non serán opoñibles respecto de débedas orixinadas en obrigas alimentarias, impostos, taxas, contribucións, expensas que graven directamente a vivenda ou obrigas con garantía real sobre o inmoble e que fora constituída aos efectos da adquisición, construción ou melloras da vivenda única.