Programa PODEMOS

Impulso dunha reforma das institucións europeas que democratice a toma de decisións políticas e económicas na eurozona

Impulsaremos unha reforma das institucións europeas que democratice a toma de decisións políticas e económicas na eurozona. O goberno económico da eurozona (o Eurogrupo) é unha entidade que non está obrigada a render contas ante ningunha institución directamente elixida polos cidadáns, nin sequera ante o Parlamento Europeo, polo que apoiaremos a creación dunha cámara parlamentaria da eurozona, formada por representantes dos distintos parlamentos nacionais de acordo con criterios poboacionais e territoriais e, a diferenza do Parlamento Europeo, con verdadeira capacidade lexislativa e de control político.