Programa PODEMOS

Convocatoria dunha conferencia europea de débeda para discutir a reestruturación coordinada das débedas públicas no marco da zona euro

Propoñeremos unha modificación nos prazos de vencemento das débedas europeas en circulación, mediante un troco de bonos que facilite que os vellos títulos sexan substituídos por novos títulos que se manteñan a perpetuidade. O BCE sería a institución que debería adquirir, ao valor nominal, os vellos títulos e trocalos por outros novos, ao 0 % de interese e co obxectivo de mantelos a perpetuidade no seu balance. O BCE debería reestruturar as débedas públicas das economías da zona euro que excedan o 60 % do PIB.