Programa PODEMOS

Adopción de forma inmediata dun plan de choque para erradicar a pobreza e a exclusión infantil en todo o territorio europeo

Adoptaremos de forma inmediata un plan de choque para erradicar a pobreza e a exclusión infantil en todo o territorio europeo, coa aplicación estrita da Carta Social Europea, e cun programa comunitario de vivenda social que inclúa a prohibición dos desafiuzamentos de primeira vivenda no territorio comunitario, unha carta sanitaria europea que garanta o dereito á sanidade pública para todos e todas no territorio da Unión Europea, e a potenciación do espazo europeo de educación e cultura.