Programa PODEMOS

Prioridade do dereito ao traballo e da creación de emprego

Primaremos a creación de emprego por encima do resto de obxectivos de política económica. Para iso, impulsaremos o cumprimento do artigo 40.1 da Constitución española que establece o seguinte: «Os poderes públicos promoverán as condicións favorables para o progreso social e económico e para unha distribución da renda rexional e persoal máis equitativa, no marco dunha política de estabilidade económica. De maneira especial realizarán unha política orientada ao pleno emprego». Para impulsar o devandito obxectivo, aplicaremos unha política fiscal expansiva que invista 15.000 millóns de euros ao ano durante a próxima lexislatura e garanta a recuperación de, polo menos, o nivel de ocupación laboral existente antes da crise.