Programa PODEMOS

Impulso dos mecanismos de flexibilidade interna nas empresas

Impulsaremos os mecanismos de flexibilidade interna nas empresas ante os cambios na demanda e no nivel de actividade económica, para evitar tanto o desemprego coma os axustes a través do salario.

Do mesmo xeito, impulsaremos legalmente os mecanismos de flexibilidade interna (xa existentes pero pouco utilizados) a través da redución da xornada laboral. E para que esta redución da xornada de traballo non se traduza nunha caída salarial paralela, fortaleceremos un mecanismo de axuste que sexa similar ao modelo alemán, no que a perda de xornada laboral vese compensada en termos salariais polo Estado.