Programa PODEMOS

Incremento da participación dos traballadores na xestión das empresas

Impulsaremos unha maior participación dos traballadores na xestión das empresas de máis de cen empregados a través do fortalecemento dos procedementos de información e consulta establecidos no Estatuto dos Traballadores, e mediante a implantación dun sistema similar aos consellos de vixilancia establecidos en Alemaña. Impulsaremos, ademais, unha Lei de participación financeira dos traballadores na empresa que, con carácter voluntario por parte das empresas, permita incorporar algunhas das mellores experiencias de participación dos traballadores que hai en varios países europeos.