Ángela Rodríguez Martínez Candidatura por Pontevedra

Ángela Rodríguez Martínez

Nacín en Pontevedra, hai 26 anos. Son licenciada en Filosofía pola Universidade de Compostela. Como esa xeración emigrada para a que tentamos facer un país ao que volver, fun camareira, niñeira, profesora e investigadora na universidade. Desde que me graduei, me interesei por aqueles puntos que unen política, arte e filosofía. Vivo laboral, metafórica e literalmente entre a Facultade de Belas Artes e a estatua dos Heroes de Pontesampaio, onde fixemos nacer como en tantas outras prazas primaveras reveldes, feminismos, orgullos, dignidades, resistencias e Mareas. Son secretaría de Coordinación e Igualdade de Podemos Galicia.

Comparte o meu perfil