Miguel Anxo Fernán Vello Candidatura por Lugo

Miguel Anxo Fernán Vello

Nacín en Cospeito, Lugo, en 1958. Son Poeta, dramaturgo e editor. Estudei Psicoloxía e Filosofía na Universidade de Santiago, e Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Fun Secretario Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e Presidente da Asociación de Editores de Galicia (AGE). Como poeta, obtiven en dúas ocasións o Premio Nacional da Crítica Española (1985 e 2005) e fun finalista do Premio Nacional de Literatura co libro de poemas Seivas amor e Tránsito (1985) e do Premio Nacional de Poesía do Estado Español cos libros As certezas do clima (1997) e Territorio da desaparición (2005). Ademais, conto tamén con premios coma o Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo, Esquío, Xacobeo de Poesía da Xunta de galicia , ou o Martin Codax.

No plano político fun militante do Bloque Nacionalista Galego; fundador (a carón de Xosé Manuel Beiras e Antón Avilés de Taramancos, entre outros) do partido político Esquerda Nacionalista e membro colaborador do Encontro Irmandiño. Tamén fun membro da Coordinadora do Encontro Cidadán por unha Marea Galega – da que dimitín hai pouco por motivos persoais – e actualmente son militante de Anova-Irmandade Nacionalista.

Comparte o meu perfil