Sònia Farré Candidatura por Barcelona

Sònia Farré

Nacín en Hospitalet de Llobregat en 1976. Son profesora de catalán en secundaria e fun monitora de ocio voluntaria durante 13 anos. Inicieime no activismo a raíz do 15M en Sant Joan Despí. Pouco despois pasei a formar parte da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda para desmontar o discurso dos recortes, depurar responsabilidades, traballar pola transparencia e polo apoderamento cidadán. Formo parte do equipo impulsor do proxecto dos Observatorios Cidadáns Municipais, que recibiu o premio Memorial por la Pau, da Asociación Vidal y Llecha. Participei nos volumes, ¿Porqué no debemos pagar la deuda? Razones y alternativas, y Educacions. 40 veus sobre educació i societat. Son membro do Proceso Constituínte porque considero que dereitos sociais e dereitos nacionais teñen que ir da man. Participo en En Comú Podem porque creo que hai que consolidar novas ferramentas e novas formas de facer política para seguir transformando o mundo.

Comparte o meu perfil