ESTÁ NON É OUTRA CARTA MÁIS PARA PEDIR O TEU VOTO

Chámome Esperanza e non me presento ás eleccións. Esta é una carta aos meus pais 

15 junio, 2016

 

Londres, xuño de 2016

 

Mamá, papá:

Sei que as veces me seguides vendo coma aquela nena que choraba cada vez que remataba un capítulo de Espinete. Pero se vos escribo desde Londres é porque me convertín nunha muller desas  que forman parte da chamada «xeración máis preparada da historia de España».

Preparada para todo, pero non para vos botar tanto de menos desde que tiven que emigrar. E bótovos moito de menos. Estraño a papá contándonos as súas batalliñas nas sobremesas (de feito estraño ata as sobremesas, porque aquí non hai). Estraño a mamá contándome a ilusión (e o medo) que sentiu cando chegou da aldea, e pedíndome que non afrouxe.

Conmóveme a paciencia e a tenrura que puxestes cando, a estas alturas das vosas vidas, non vos quedou máis remedio que aprender a manexar o Skype e as redes sociais porque tendes unha filla que vive fóra.

Boto de menos moitas cousas, por iso escríbovos. Porque non quero resignarme a non poder traballar do que estudei e a non podelo facer cerca da miña xente. Ninguén debería resignarse a iso.

Quero volver a España e  quero que poidan regresar moitos dos mozos cos que me crucei por Europa e que están na mesma situación ca min… e creo que esa volta pode empezar o 26X.

Pero esta non é una carta para falarvos do que está pasando, senón para darvos as grazas.

Vós ensinástesme os valores que teño hoxe.

Inculcástesme que cando se renuncia aos principios, se está renunciando ao máis importante que se ten.

Fixéstesme ver que a maioría da xente deixa a pel traballando honestamente en vez de elixir o camiño doado que tanto lles gusta a algúns dos chourizos que tivemos coma representantes políticos.

Contaxiástesme esa ilusión polos vosos logros, como cando recuperastes a democracia e cando no 82 participastes daquela inmensa onda de cambio.

Non vos vou pedir que cambiedes de partido a estas alturas da vosa vida (bastante fixestes xa aprendendo a usar Skype e Facebook), pero si quero dicirvos que, grazas ao que me ensinastes, eu vou votar a Unidos Podemos.

Estou orgullosa de vós e, por iso, vou votar pensando no futuro. Quero un futuro no que poida volver a unha España onde se protexa máis a I+D+i que aos banqueiros. Quero volver a unha España na que haxa xente honesta e preparada no Goberno. Quero volver a unha España que non sexa coñecida no mundo pola corrupción, os salarios lixo e a esmorga, senón polo seu sistema de saúde, as súas escolas, as súas enerxías renovables e, por que non dicilo, polo talento das súas investigadoras e investigadores.

Quero vivir nun país que defenda o mesmo que defendestes durante toda a vosa vida, e quero que os fillos que teña estean tan orgullosos de min coma eu estouno de vós.

A que vos escribe é a vosa filla, a mesma que choraba cando terminaba Espinete. Pero a que vos escribe tamén é unha moza investigadora española en Bioloxía Molecular que se tivo que ir a Londres para poder traballar do que estudou.

A xente de Unidos Podemos fixo que esta carta chegue a todos os fogares españois, pero estou segura de que haberá miles de cartas máis doutros mozos que, coma eu, representan a unha xeración que fixo sempre todo o que se lle pediu e que agora, por primeira vez, quere asumir responsabilidades co seu país.

Hai 30 anos e 8 meses puxéstesme de nome Esperanza. Quérovos.

 

esperanza